Unha vez máis a actividade da biblioteca discorre paralela ao acontecer social.
Do mesmo xeito que no verán pasado, cando ofertamos unha serie de títulos relacionados co ocio, o deporte e as viaxes estivais, para este principio de ano tomamos boa conta de que é o que ocupa as mentes dos nosos usuarios adultos para tratar de acompañalos nesta etapa das súas vidas.
Ben é sabido que nos comezos de cada novo ano a maioría da xente fai unha serie de bos propósitos a seguir nos 365 días seguintes. Na biblioteca tentamos averiguar cales son esas boas intencións, esas metas a conseguir, para ofrecervos unha axuda e un apoio no cumprimento dos obxectivos. Para iso fixemos unha pequena selección dos fondos que se axeitan a cada un dos propósitos que consideramos máis comúns.
-DEIXAR DE FUMAR
-APRENDER UN IDIOMA
-FACER EXERCICIO
-FACER DIETA-COMER SAUDABLEMENTE
-AFORRAR
-MELLORAR E PROGRESAR NO TRABALLO
-TER MÁIS POSITIVIDADE
-ADICAR MÁIS TEMPO AOS PROBLEMAS DOS FILLOS