miércoles 5 de enero de 2011
Axudámoste a cumprir os teus propósitos para o ano novo!
Do mesmo xeito que no verán pasado, cando ofertamos unha serie de títulos relacionados co ocio, o deporte e as viaxes estivais, para este principio de ano tomamos boa conta de que é o que ocupa as mentes dos nosos usuarios adultos para tratar de acompañalos nesta etapa das súas vidas.
Ben é sabido que nos comezos de cada novo ano a maioría da xente fai unha serie de bos propósitos a seguir nos 365 días seguintes. Na biblioteca tentamos averiguar cales son esas boas intencións, esas metas a conseguir, para ofrecervos unha axuda e un apoio no cumprimento dos obxectivos. Para iso fixemos unha pequena selección dos fondos que se axeitan a cada un dos propósitos que consideramos máis comúns.
-DEIXAR DE FUMAR
-APRENDER UN IDIOMA
-FACER EXERCICIO
-FACER DIETA-COMER SAUDABLEMENTE
-AFORRAR
-MELLORAR E PROGRESAR NO TRABALLO
-TER MÁIS POSITIVIDADE
-ADICAR MÁIS TEMPO AOS PROBLEMAS DOS FILLOS
jueves 30 de septiembre de 2010
Novo horario de inverno
De luns a venres: de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas.
O préstamo e a sala de informática pecharán ás 13:15 e ás 20:45.
Sábados: de 10:00 a 13:00 horas.
O préstamo e a sala de informática pecharán ás 12:45.
jueves 1 de julio de 2010
Obradoiro de Contacontos para adultos

Tras o éxito das dúas edicións anteriores, este verán a Biblioteca ofrécevos de novo un Obradoiro de Contacontos dirixido a adultos.
Trátase dun cursiño gratuito de seis horas que se impartirá os mércores 7, 14 e 21 de xullo de 18:30 a 20:30 horas na sala multiusos da segunda planta da biblioteca.
O obradoiro está dirixido principalmente a aquelas persoas relacionadas co mundo do libro, a lectura ou a animación socio-cultural: mestres, bibliotecarios, monitores de tempo libre, animadores socioculturais… aínda que está aberto ao público en xeral e a todas as persoas que desexen participar nel.
O número de prazas está limitado a 15, adxudicadas por rigurosa orde de inscrición. Para formalizar a túa solicitude podes acudir á biblioteca ou ben chamar ao 981 38 21 73 de 9:00 a 14:00 horas.
lunes 21 de junio de 2010
Despedimos a Saramago
lunes 14 de junio de 2010
Horario de verán
Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:30 horas (A atención ao público e a sala de informática pechan ás 14:00 h.)
Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00 horas (A atención ao público e a sala de informática pechan ás 20:30 h.)
martes 1 de junio de 2010
NOVO SERVIZO NA BIBLIOTECA : AULAS DE ESTUDO
Para máis información sobre o servizo (horario, normas e condicións de uso,…) preguntade directamente ao persoal da biblioteca.
lunes 31 de mayo de 2010
Día Mundial Sen Tabaco

31 de maio de 2010
O 31 de maio de cada ano a OMS celebra o Día Mundial sen Tabaco, cuxos obxectivos consisten en sinalar os riscos que supón o consumo de tabaco para a saúde e fomentar as políticas eficaces de redución deste consumo. O consumo de tabaco é a segunda causa mundial de morte, tras a hipertensión, e é o responsable da morte dun de cada dez adultos.
O tema do Día Mundial sen Tabaco 2010 é “O xénero e o tabaco” facendo especial fincapé na mercadotecnia dirixida ás mulleres. A OMS utilizará este día para chamar a atención cara aos efectos nocivos da mercadotecnia e do consumo de tabaco nas mulleres e nas nenas.
A Asemblea Mundial da Saúde instituiu o Día Mundial sen Tabaco en 1987 para chamar a atención sobre a epidemia de tabaquismo e os seus efectos letais. Para loitar contra os efectos do consumo de tabaco e da exposición ao fume do tabaco, a OMS impulsa o Convenio Marco para o Control do Tabaco, que recolle medidas dirixidas a controlar e epidemia de tabaquismo, entre elas a creación de espazos totalmente libres de fume de tabaco en lugares públicos e lugares de traballo.
BIBLIOGRAFÍA NA BIBLIOTECA DE NARÓN:
ALEGRÍA EZQUERRA, Eduardo. Tabaquismo y enfermedad. León, Everest, 2002.
BECOÑA IGLESIAS, Elisardo. Programa para dejar de fumar. Vigo, Nova Galicia, 2007.
BECOÑA IGLESIAS, Elisardo. Tabaco / Elisardo Becoña Iglesias. Vigo, Nova Galicia, 2005.
BURTON, Dee e WOHL, Gary. La alegríaa de dejar el tabaco : cómo los jóvenes pueden hacerlo y les gustará hacerlo. Madrid, Edaf, 1981.
CARR, Allen. Es fácil dejar de fumar, si sabes cómo. Madrid, Espasa, 2000.
COGOTA MATEU, Lluís. Adicciones, ¿hablamos?. Barcelona, Parramón, 2008.
El consumo de alcohol y otras drogas en el colectivo femenino. Madrid, Instituto de
DOMÍNGUEZ JUNCAL, Luís. Tabaquismo : Epidemia do século XX. Santiago de Compostela, Laiovento, 2007.
HEITZ, Bruno. Papá ha dejado de fumar. Barcelona, Juventud, 1995.
LLANOS COMPANY, M. El mundo del tabaco. Madrid, Alhambra, 1985.